Edificio CIEDUS

Edificio CIEDUS

O Edificio CIEDUS (anteriormente CEA) veu a satisfacer a necesidade dun nexo de unión entre a universidade e a sociedade.

By Noel Feans (Casa de EuropaUploaded by Igrexas) [CC BY 2.0 (https://creativecommons.org/licenses/by/2.0)], via Wikimedia Commons

Casa de Europa

A Casa de Europa é unha residencia universitaria destinada ao aloxamento de invitados e invitadas que visitan á USC para participar en actividades docentes ou investigadoras.

Salón Nobre - Colexio de Fonseca

Salón Nobre

O Salón Nobre é a estancia máis emblemática do Pazo de Fonseca. Nel se desenvolven os actos académicos máis relevantes, coma a apertura de curso, lecturas de teses, investiduras honoris causa, e gran variedade de congresos e conferencias.

Paraninfo da USC

Paraninfo da USC

A construcción do Paraninfo finalizou en 1906, poñendo punto e final ás obras do edificio, comezadas no século XVIII. Destaca pola sua decoración escultórica (Rafael de la Torre Mirón) e pictórica (realizada por un equipo de pintores comandados por José María Fenollera.

Auditorio Clara - Facultade de Ciencias da Comunicación

Facultade de Ciencias da Comunicación

Definido coma un dos doce grandes proxectos urbanísticos do século XXI, a Facultade de Ciencias da Comunicación foi deseñada polo célebre arquitecto portugués Álvaro Siza, co próposito de ofrecer á sociedade un edificio pensado para mellorar a calidade da aprendizase e da investigación.